xoves, 22 de febreiro de 2018

Escape room: (A)salteadores de cadros V

Crash! Onde estou agora? Ah¡ Ah¡ Ah! Pero...xa estamos no Entroido? Como pasa o tempo! Alomenos poderei botar man dunha máscara para que non me atopen. Calquera destas váleme, se podo coller unha sen que se decaten. Pero terei que escapar axiña , claro se atopo as respostas, porque esta habitación é tan pequeña…



xoves, 15 de febreiro de 2018

Falando de...

Falemos. Falemos do que acontece tal día como hoxe. Falemos desa onda expansiva que produce o Amor. Falemos de quen me dedicaría ese "Poemas de peto". Falemos dos que acudiron por ver si tamén tiñan un. Falemos das aglomeracións nos andeis, dos comentarios, dos sorrisos. Falemos da "Cita a cegas cun... libro". Falemos da sorpresa, da compañía, da complicidade, do contaxio. Falemos, si, falemos. Porque falar de Amor é falar de POESÍA.


mércores, 14 de febreiro de 2018

Amor & Toponimia

Imaxe

Imaxe
Como todos os anos por estas datas, celebramos o San Valentín. A súa historia remóntase ao século  V.  En vida Valentín predicara a fe en Roma e oficiara matrimonios cristiáns clandestinos.

A moza  Serapia amaba ao  centurión romano Sabino. Superada a oposición dos pais dela, descubriuse que a rapariga estaba  mortalmente enferma. Valentín uniunos en matrimonio , aínda que Sabino era pagán. Despois ambos morreron. Grazas aos seus moitos milagres Valentín foi  canonizado e a partir de entón celébrase a Festa do Amor.


Son moitas as ofertas de todo tipo que se ven estes días para celebralo e  Ana, Candea, Iria e Sara -alumnas de 1º ESO- preséntanvos unha diferente: esta ruta turística relacionada coa toponimia do amor en Galicia. Quizá algún/-a anímese  a visitar  Bicos, ou a praia de  Benquerencia ou de deixe caer polos  viñedos de Amandi  ou se achegue a coñecer o río Tenorio.