mércores, 29 de novembro de 2017

Escape room: (A)salteadores de cadros II

Descubríronte. Pretenden roubar o cadro para levarche con eles. Tes que fuxir! Ves a porta , ábrela e...
Que é isto? Que fai toda esta xente reunida? Polo menos aquí pasarei desapercibido entre este tumulto e será difícil que me localicen. Festa, isto é unha festa. Están a celebrar o Samaín? Non me podo distraer. Teño que atopar a saída para volver á miña vida real.

Ti e o teu equipo deberedes traballar xuntos para atopar a porta que vos leve á saída


sábado, 25 de novembro de 2017

Día contra a Violencia de Xénero

Hoxe non é un Día para conmemorar nada. Mal asunto éste de días no ano no que parece que antes e despois non acontecera nada. Se voltamos a vista atrás, atopámonos con isto

Powered by emaze
        ou con isto:
Entenderedes que non hai nada que celebrar. Isto é unha protesta contra os que matan, agreden, humillan ou vexan ás mulleres en todo o mundo.
O que precisamos con urxencia é de unha boa educación, Educación en igualdade, para non ter que explicar ás rapazas isto:




Ou isto:
Conductas que albergan violencia
Claves para detectar el ciberbullying
Decálogo para prevenir o ciberacoso entre xoves
A violencia contra as mulleres no mundo en cinco mapas
Con ela empezou todo
GPS e ‘big data’ para escapar do teu agresor
Que son a violencia e os abusos contra as mulleres en internet?


Se te achegas pola biblio, atoparás esta escolma de libros que tratan desde tema:

venres, 24 de novembro de 2017

Galiciencia 2017

Como xa sabedes GALICIENCIA é unha feira científica que se celebra, desde 2007, en Ourense, os días 22, 23 y 24.

Pois ben, este ano as nosas docunautas están alí para expoñer o noso proxecto interdisplinar que se realizou, durante o curso pasado, polo alumnado desde 1º da ESO ata 2º de BAC.


Preme na imaxe

 Alí están Ana e Antía,   e cóntannos que están encantadas e marabilladas do que alí acontece.



 Nós estamos encantadas e orgullosas do traballo feito e e animámosvos a seguir investigando. Noraboa, rapaces!

xoves, 16 de novembro de 2017

Día internacional do Patrimonio

Hoxe é o Día internacional do Patrimonio. Pero... Que é "patrimonio", pois neste caso defínese como o "Conxunto de cousas materiais ou inmateriais de certa antigüidade e importancia recoñecida, pertencente a unha colectividade". E de "colectividade" imos falar, porque está claro que quere dicir que nos pertence a todos e polo tanto merece que o cuidemos e respectemos para que xeracións vindeiras poidan coñecelo porque, entre outras razóns,  forma parte da nosa Historia. 
A pouco que nos paseemos pola nosa cidade - que é Patrimonio da Humanidade pola nosa Muralla- podemos observar que moitos monumentos  están en pésimas condicións polas agresións de todo tipo: só hai que dar unha volta pola muralla ou pola rúa Aguirre para decatarnos.
Para conmemorar esta data, convidámosvos a facer este Roteiro escultórico lugués- feito polo alumando de 1º da ESO- para que tomemos conciencia- TODOS- do que temos e eduquemos á rapazada no respecto do que é noso.
Disfrutade da andaina:


16 N: Día da Filosofía entre filósofas

Durante séculos, en todas as culturas, a filosofía deu a luz conceptos, ideas e análises que sentaron as bases do pensamento crítico, independente e creativo. E as mulleres contribuiron e contribúen a forxar un pensamento crítico e independente.  Eiquí podedes afondar nas súas biografías e obras.


venres, 10 de novembro de 2017

Viaxe ao interior dunha librería

E se por un momento convertésemosnos en libros,,, Realmente sabemos cal é o proceso desde que alguén decide plasmar os seus pensamentos, emocións ou ficcións ata que chega ás nosas mans; coñecemos cantas persoas traballan ao redor dun libro: autores, editores, impresores, distribuidores, libreiros e bibliotecarios?
Para celebrar o Día das librarías, chegounos de TRAMA esta proposta: unha viaxe ao interior da libraría para que o alumnado de primeiro da ESO coñecese de primeira man que sucede cos libros desde que chegan ao seu establecemento ata que se venden.
Previamente, aproveitamos para explicarlles a Historia do libro e o proceso de fabricación dun libro ata que chega ás librarías.
O día acordado fómonos de "excursión" unha excursión estraña, porque foi gratis e  moi sa non só para o corpo senón tamén para a mente. Que ocorreu ? Documentámolo todo aquí:


A viaxe encantoulles : aprenderon , andaron polos espazos que están vedados e tiveron a honra de coñecer a un autor que escribe libros para nenos, José Campanari, quen lles  contou


E nós que podemos facer? Levar aos rapaces ás librerías , ás bibliotecas e DEIXALOS LER!