domingo, 17 de setembro de 2017

Comezamos

Despois dun largo e cálido verano, con moitas lecturas

abrimos as nosa porta e damos a benvida a todos e, especialmente, aos que vos incorporades ao noso Centro.


Vimos cargadas de moitas ideas que, pouco a pouco, iredes coñecendo.

E para ir abrindo boca,




 xa podedes vir a anotaros para formar parte dos nosos Clubs de lectura. Lembrade que o prazo rematará o 30 de setembro.

venres, 30 de xuño de 2017

"Máis que imaxes, Proxecto documental

    O noso Proxecto de Investigación  (curso 2016-201/), que implicou ao alumando de todos os niveis -dende 1º da ESO ata 2º BAC- partiu dunha conmemoración: o lanzamento da sonda Voyager en 1977. Nela ía un disco que contiña unha chea de símbolos que representan aos humanos, no hipotético caso de que atopase vida extraterrestre. Pois ben, O SÍMBOLO constituiuse no fío conductor de todos estes traballos que saen a luz. Foron moitos meses de dura investigación, pero cremos que esta "viaxe simbólica" mereceu a pena. Enhoraboa a todos/-as os/-as participantes!
Preme na imaxe e accederás:

venres, 23 de xuño de 2017

E ao volver a vista atrás...

Rematou o curso e con el chegan as vacacións. Foron moitos meses de intenso traballo para todos. O Equipo da Biblio deséxavos un merecido descanso e boas lecturas, porque nós aínda estaremos por aquí por se queredes...



ATA O VINDEIRO CURSO...

venres, 28 de abril de 2017

Cóntame un cadro

Xa se coñecen ás tres gañadoras do concurso literario, para o Primeiro ciclo da ESO, "Cóntame un cadro", Jenny e Sonia, de 1º e Raquel, de 2º. Noraboa ás tres, e moitas grazas a todos os participantes.

sábado, 22 de abril de 2017

Face & Books no Día do Libro

"A veces volvemos a las páginas
donde una vez fuimos felices.
Es tan fácil como dejar que corran
hacia atrás entre los dedos,
volver a las marcas que dejamos,
a esas breves notas con las que
quisimos indicar a otro lector
que allí debiera detenerse.





Basta con buscarlas para ver
que ya no son las mismas:
algo ha cambiado en este corto
intervalo en que nos fuimos.


Volver es otra forma de medir
la magnitud incierta de la herida."

Alfonso Brezmes, DON DE LENGUAS

luns, 20 de marzo de 2017

PoemARTE

  Afirmaba o venres nos Encontros de BE Antonio García Teijeiro que "a poesía non se ensina, fíltrase", nós imos mesmo un pouco máis aló: a poesía non é un problema que haxa que resolver, nin unha incógnita que haxa que despexar. A poesía é a letra desa canción que aprendes e repites só se che chegou ao corazón, se che emocionou, se a sentiches tanto que é coma se fose túa. E todo isto se falamos dos poemas/cancións doutros. E se conseguísemos que eles/elas se acheguen a este xénero literario tan esquecido e deostado en forma de "poetas en cernes"?
   Pois ben, aquí están estes poemas colectivos escritos tomando como punto de partida eses cadros, cuxo título e autor ignoraban. Foron unhas clases diferentes, sen dúbida, e o resultado final... valórenlo vostedes.


Powered by emaze

mércores, 8 de marzo de 2017

Mulleres simbólicas

Ao longo destes anos, son moitas a mulleres que visibilizamos: Mulleres que deron a nota, Mulleres con valor, Mulleres tras as liñas, Bocas seladas. Este curso o alumnado de 1º de BAC de Lit. Universal acheganos a estas Mulleres simbólicas, unha escolma de personaxes literarios que ao longo de todos os tempos serviron de espello onde mirarse as sociedades. Noraboa polo voso traballo!

Powered by emaze

venres, 17 de febreiro de 2017

Xincana de cine romántico

Xa coñecemos aos gañadores da xincana celebrada o Día de San Valentín:


Pablo Novo e Andrea García, 10 acertos
Jacobo Fariñas e Hugo Castro, 7
Alba Piñeiro e Alejandra Teodoro, 7
Ana Rguez e Carmen Peñalver, 6
Abraham Pena e Silvia Ouro, 5
Carlota Varela e Celia Veiga, 4



Noraboa aos premiados!

xoves, 16 de febreiro de 2017

Pasión polos libros

En ocasións, a nosa relación cos libros é semellante á mesma que temos con algunhas persoas: escollémolas ou refugamos en función do seu volume, o seu peso, a súa cor, o que outros nos contaron ou criticado, a súa idade, a súa lonxitude, a súa popularidade,.. E si lles désemos unha oportunidade nunha "Cita a cegas"? Esa foi nosa proposta para este Día de San Valentín e as nosas expectativas víronse sobradamente cumpridas, pois foron moitas/volos que achegaron a compartir mesa e mantel cun libro descoñecido. Grazas a todos/-as pola vosa acollida e disfrutade da lectura!


domingo, 29 de xaneiro de 2017