luns, 15 de febreiro de 2016

Día dos namorados


E chegou o día. E para todos aqueles/-as que están a sentir as bolboretas ou que xa as sentiron,

sorprendémoslles cun agasallo poético: unha escolma de poemas de amor ou de desamor


e tamén, e como pequena homenaxe a Shakespeare in love, citas extraídas do seu teatro:


Por último, para todos/-as aqueles/-as que pedides libros de temática amorosa, tendes eiquí unha selección de libros que podedes atopar na biblioteca.

luns, 1 de febreiro de 2016

Xincana de ARTROIDO

Si, liches ben. Para celebrar o Entroido que mellor que darche un paseo pola ARTE e máis concretamente pola pintura. Infinidade de cadros de todos os tempos teñen como tema esta festa. Así que a nosa proposta é que atopes o nome dos autores, os títulos e os séculos nos que foron pintados, pero...deixámosvos unhas pistas que, ben comprendidas, axudaranvos a atopalos.
Se estás interesado/-a, pásache pola biblioteca a buscar a táboa para que a cubras.
E xa sabes:

Se as pistas segues no Carnaval

das que ben quixeron engaiolarte

e sabes que a vida non é máis que arte,

le, cavila, acerta; non che ha de ir moi mal.