sábado, 24 de decembro de 2016

luns, 12 de decembro de 2016

Dereitos humanos en perigo?

En París, o 10 de decembro do ano 1948, aprobouse a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Ese recoñecemento non era algo novidoso, pero si o foi que por primeira vez tivese un carácter universal.

Trala Segunda Guerra Mundial, o espanto pola magnitude das atrocidades ocurridas durante ese conflito e mesmo durante os “negros” anos ’30 determinou a necesidade de defender, explicitar, e difundir eses Dereitos.

Parecía pois, que o mundo quedara vacinado ante o horror. Porén, nos últimos anos, en paralelo á extensión da crise económica global, obsérvase o incremento de partidos e individuos, denominados populistas, que apelando ao nacionalismo excluínte, á xenofobia, á adxudicación de tódolos males de Occidente ás minorias que viven nos nosos territorios, considerán inaceptable facer extensivo a todo o mundo a igualdade de dereitos. Pero isto, xa é coñecido, isto xa foi vivido.


Por este motivo, a Biblioteca, decidiu elaborar esta exposición, para conmemorar esa Declaración Universal, que ademais amosase ás novas xeracións, e recordase ás máis vellas, a necesidade de coñecer o pasado, para non volver a repetir a nosa historia, e non poñer en práctica o vello proverbio de que “o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra”.

martes, 6 de decembro de 2016

Premio no III Concurso do Traballo por Proxectos

... E fíxose a luz en forma de premio ao proxecto

https://prenderaluz.blogspot.com.es/

levado a cabo nas aulas de primiero ciclo da ESO.

Foron meses de moito traballo e esforzo tanto por parte da rapazada como da súa coordinadora, Anxos Vidal, e dos profesores - Mery e Veiga- que desde as súas materias fixieron que este proxecto “prendese” e acadase este premio.


Pola nosa parte, só podemos decirvos que sentimos unha inmensa alegría ao enterarnos desta boa nova e que esto nos dá un bo pulo para seguir cara adiante no mesmo senso.
NORABOA a todos os premiados!

xoves, 24 de novembro de 2016

Día contra a Violencia de Xénero


Mañá, 25 de novembro celébrase o Día internacional contra a violencia de xénero. Unha data terrible pero necesaria, como necesario é tratar o tema co alumnado, nas nosas aulas e non só mañá senón todo o ano.

O Concello de Lugo puxo en marcha unha campaña baixo o lema "Lugo en negro": Entr outras accións para levar a cabo, propoñían :"Tinguir de negro a cidade a través dos escaparates, os manequíns, a roupa de traballo; vestir loito en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias: a morte." E dende a Biblioteca sumámonos modestamente así:


Ademáis, e xunto co Departamento de Educación Plástica e Audiovisual, convocamos un concurso de Carteis, cuxos finalistas poderedes ver aquí:


Os gañadores/as son:


 E convidámosvos a ver esta curta no que se desmontan cinco mitos da violencia machista::



mércores, 2 de novembro de 2016

O andel sanguento

... ou o que sucede cando te atopas no medio da biblioteca un andel terrorífico e de difícil acceso.
Mirade, mirade!!!

luns, 24 de outubro de 2016

BiblioTICarte

Co gallo do Día da Biblioteca e sumándonos ao lema que preside este curso ás BIBEs galegas:

queremos convidarvos a celebralo participando nesta xincana, cuxo obxectivo consiste en atopar, no menor tempo posible, os nomes dos autores, os títulos dos cadros e os séculos nos que foron pintados este cadros, que teñen a lectura como tema común.
Se queres participar, recolle na biblioteca a ficha de respostas. Pero... darvos présa porque só tedes até o venres.

Powered by emaze
Asemade, e como ven sendo habitual neste últimos cursos, entregamos os premios aos nosos SUPERLEÓNS do curso pasado: Niulka, Alberto e Brais,todos de 1º da ESO.


Noraboa¡
Xa coñecemos ás gañadoras do concurso Biblioticarte: Carmen e Alejandra, de 3º da ESO. Parabens, rapazas!
 



Feliz Día das Bibliotecas¡

luns, 17 de outubro de 2016

Día das escritoras

    A Biblioteca Nacional de España organiza, en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas para a igualdade de xénero na cultura, o Día das Escritoras. Esta nova iniciativa, que nace con vocación de celebrarse anualmente, busca reivindicar o labor e a traxectoria das escritoras tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia.
    Nós sumámonos a esta celebración e queremos achegar a nosa pequena homenaxe a un grupo de escritoras de narrativa infantil e xuvenil que fan as delicias dos nosos estudantes a xulgar polo número de veces que se prestan os seus libros. Seguro que eles lembran os títulos das súas obras, pero... coñecen os seus rostros ou a súa biografía?
Aquí deixámosvos unhas pinceladas.

venres, 14 de outubro de 2016

martes, 27 de setembro de 2016

Empezando...


OLA A TODOS!



e, en especial, aos que vos incorporades a este Centro. Xa estamos del volta e con moito traballo, coma sempre ao inicio do curso.

Xa temos aberta a inscripción aos Clubs de lectura
aínda estades en prazo para apuntaros.
Tamén, e a partir da semana que vén, arrancará a HORA DE LER, con este calendario:


Só nos resta desexarvos un BO CURSO e moitas e boas LECTURAS. Benvidos/-as!

martes, 21 de xuño de 2016

Felices vacacións¡

A punto de rematar o curso, o equipo da biblioteca deséxavos unhas felices vacacións


e lembrade que vos podedes levar libros para o verán.

domingo, 19 de xuño de 2016

"Prender a luz", proxecto documental

O noso Proxecto de Investigación e Tratamento da Información (curso 2015-2016), que implicou a todo o 1º Ciclo da ESO, serviu para conmemorar o Ano Internacional da Luz que se celebrou no ano 2015.
Desde a Biblioteca do IES Xoán Montes quixemos elaborar un proxecto que cubrise tódolos puntos de vista: científicos, artísticos, léxicos e literarios relacionados coa luz, partindo da premisa de que a vida non sería posible sen o sol, fonte, ademais, de calor e iluminación. 
Se premes na imaxe, accederás a todo o que a rapazada fixo en torno a LUZ:

http://prenderaluz.blogspot.com.es/
 

domingo, 1 de maio de 2016

Gañadoras da Xincana "De cómo adquirir la condición de caballero navegante"

Xa temos resolta a Xincana e, curiosamente, temos que falar de "caballeras navegantes", porque os nosos Quijotes e Sanchos 3.0 resultaron ser:


Noraboa rapazas!

mércores, 27 de abril de 2016

Correr e ler

   Esta foi a actividade que, organizada polo Departamento de Educación Física, ocupou boa parte da mañá do día 18.
  Durante todo o que levamos de curso, a súa profesora- María- puso a pensar a todo o seu alumnado sobre como poderíamos conxugar a lectura coa actividade física. Cada nivel propuxo a súa. Votaron e decidiron cal se levaría a cabo.
  Si, foron meses de toma de decisións, de organización, de ensaios, de procura de materiais, de enquisas, en fin, de moitísmo traballo para poder coordinar todas estas propostas. Nós asistimos como público e puidemos ver todo o que alí aconteceu, que foi moito e moi bo. A rapazada gozou dunha mañá chea de xogos, dunha actividade incesante onde todos participaron.
En fin, NORABOA a MARÍA e ao seu alumnado¡
  Pasen e vexan:

sábado, 23 de abril de 2016

Shakespeare e a LUZ



    Shakespeare é coñecido, sobre todo, como dramaturgo, pero tamén cultivou a poesía. O alumnado de 2ºB da ESO, na súa clase de inglés, achegouse a este xénero literario tan esquecido na procura da "LUZ" nos sonetos deste escritor.
   Unha lectura diferente para poder descubrir os diferentes matices connotativos ou simbólicos que esta palabra adquire nos seus versos.Que mellor forma de homenaxear a un escritor neste Día do Libro!


luns, 18 de abril de 2016

De cómo adquirir la condición de "caballero navegante": Xincana

Que trata de la condición y ejercicio del caballero navegante

    En un lugar del insti- de cuyo nombre no quieres ni acordarte- estudia un alumnado de los de móvil en la mano, mochila llena al hombro, gorra coronada y gráciles zapatillas. Frisa la edad de más o menos 15 anos, poco madrugador y muy amigo de las redes sociales.
Il. FERNANDO VICENTE
Es, pues, de saber , que este, los ratos que estaba ocioso (que eran los más del año) se daba en navegar por internet con tanta afición y gusto, que casi olvidó de todo punto el ejercicio del estudio, y aún más la organización de su vida, y llegó a tanto su desatino en esto, que llegó a prescindir de otros placeres.

    En efecto, perdido el seso completamente, vino en dar en el más extraño pensamiento que jamás vio el mundo, y fue que le pareció conveniente y necesario, así para el aumento de su honra, como para el servicio de su clase, hacerse caballero navegante, e irse por toda la red con su móvil y papel a buscar aventuras, y a ejercitarse en todo aquello que dice dominar, exponiéndose, en ocasiones, a peligros, donde cobrase eterno nombre y fama.

Donde se cuenta la graciosa manera para poder armarse caballero navegante

    Para adquirir tal magnificencia, toma tu movilantes,- ahora smartphone-  procúrate un escudero y lánzate a la búsqueda. Durante las próximas cinco jornadas deberás resolver los 24 entuertos que te vas a encontrar, todos ellos referidos a Shakespeare y Cervantes. No habrá dineros, pero si agasajos muy ingeniosos a los tres paladines que atoparen pronta y fidedigna respuesta.




sábado, 5 de marzo de 2016

Bocas seladas



 Outro ano máis chegamos ao 8 de Marzo e disque é o Día da Muller. O resto do ano, que foi do 51% da poboación mundial?
O silencio, amigas, este é o inimigo, que non se nos vexa (canto menos chames a atención, mellor), que non saiba ninguén o que pasa na túa casa (de portas para fóra, que non saia), que non se fale de nosoutras (nin na política, nin nas leis, nin nos medios de comunicación, nin nos libros…), que non se nos oia sinalando, clamando, reclamando.
Xa non é tempo de silencio, senón de revelación. Falade, rapazas, disertade, exhortade, demandade, e que se escoite tamén a aquelas que antes de nosoutras foron, que ocupen un lugar predominante, arriba e a dereita, a onde van de xeito natural os ollos. Mulleres de todas partes, de todos os saberes, de todos os oficios, de todas as loitas… 


Que non nos selen os labios!


Este foi o lema, con dobre sentido, escollido para que o alumnado de 2º ESO na materia de Cidadanía, investigara e visibilizara a algunhas desas mulleres que aparecen nos selos de correos e que ninguén parece ver nin coñecer. Non están todas as que son, mais ...
 




luns, 15 de febreiro de 2016

Día dos namorados


E chegou o día. E para todos aqueles/-as que están a sentir as bolboretas ou que xa as sentiron,

sorprendémoslles cun agasallo poético: unha escolma de poemas de amor ou de desamor


e tamén, e como pequena homenaxe a Shakespeare in love, citas extraídas do seu teatro:


Por último, para todos/-as aqueles/-as que pedides libros de temática amorosa, tendes eiquí unha selección de libros que podesdes atopar na biblioteca.

luns, 1 de febreiro de 2016

Xincana de ARTROIDO

Si, liches ben. Para celebrar o Entroido que mellor que darche un paseo pola ARTE e máis concretamente pola pintura. Infinidade de cadros de todos os tempos teñen como tema esta festa. Así que a nosa proposta é que atopes o nome dos autores, os títulos e os séculos nos que foron pintados, pero...deixámosvos unhas pistas que, ben comprendidas, axudaranvos a atopalos.
Se estás interesado/-a, pásache pola biblioteca a buscar a táboa para que a cubras.
E xa sabes:

Se as pistas segues no Carnaval

das que ben quixeron engaiolarte

e sabes que a vida non é máis que arte,

le, cavila, acerta; non che ha de ir moi mal.



venres, 29 de xaneiro de 2016

Día da PAZ

Saúdo ao mundo en paz



Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.

Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Preme na imaxe

Si esto es un hombre

Los que vivís seguros
En vuestras casas caldeadas
Los que os encontráis, al volver por la tarde,
La comida caliente y los rostros amigos:

Considerad si esto es un hombre
Quien trabaja en el fango
Quien no conoce la paz
Quien lucha por la mitad de un panecillo
Quien muere por un sí o por un no.
Considerad si es una mujer
Quien no tiene cabellos ni nombre
Ni fuerzas para recordarlo
Vacía la mirada y frío el regazo
Como una rana invernal.

Pensad que esto ha sucedido:
Os encomiendo estas palabras.
Grabadlas en vuestros corazones
Al estar en casa, al ir por la calle,
Al acostaros, al levantaros;
Repetídselas al vuestros hijos.

O que vuestra casa se derrumbe,
La enfermedad os imposibilite,
Vuestros descendientes os vuelvan el rostro

Ad ora incerta, Primo Levy