xoves, 10 de decembro de 2015

Día dos dereitos humanos

Occidente vive nun búnker sen fiestras. Non é que non vexamos, é que non queremos ver.
Con esta certidume como arma, ao profesorado só nos queda loitar para que a verdade floreza. E así foi como se puxo en marcha o noso traballo sobre os refuxiad@s.
O alumnado de Cidadanía de 2º de ESO tivo que esforzarse para chegar ao evidente: se non tes os datos correctos, se non coñeces aos protagonistas, se non sabes de onde veñen nin a onde van, se nunca quixeches coñecer as causas que provocan esa desgracia, se pensas que nunca nos pasou a nós ou que nunca nos pasará, entón será moi fácil manipularte ata que sintas rechazo ou odio.
Hai un antes e un despois para eles tras o seu empeño. Esperamos que a verdade chegue moito máis aló.



Valados,  Muros e Campos de Refuxiados

Aquí pódense ver algúns dos muros máis coñecidos no mundo. Muros da vergonza, levantados por que?, por quen? e sobre tod, para que?
Non hai muro que poida deter a desesperación da xente.



Exiliad@s famos@s

Grandes personalidades da historia de Galicia, de España e do mundo tiveron que deixar a súa patria e fuxir para salvar a vida ou librarse do cárcere. Non son todos os que están nin están todos os que son, pero podemos coñecer algúns deles…




Premios Nobel

Que tería pasado se Einstein tivera sido rexeitado en todos os países e condeado a malvivir nun campo de refuxiados sen poden desenvolver ningunha das súas teorías que cambiaron o mundo?
Centenares de exiliad@s no século XX recibiron ese máximo recoñecemento que simboliza o Premio Nobel. Non llo impidamos aos seguintes…



Agora, podes poñerte na pel dun refuxiado/-a, premendo na imaxe

http://www.darfurisdying.com/spanish/


E tamén, convidámosche a ver este documental titulado Welcome to my country, dirixido por Fernando León de Aranoa e protagonizado pola actriz Elena Anaya. A cinta, rodada en catro campos de refuxiados de Etiopía, busca sensibilizar á poboación acerca da situación de 45 millóns de persoas desprazadas polos conflitos, as violacións de dereitos humanos e a persecución no mundo.

luns, 7 de decembro de 2015

Vai de premios

Hoxe estamos moi contentas, pois o proxecto interdisciplinar Docunautas foi premiado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria)na modalidade de proxectos de investigación no "II Concurso para o impulso e o recoñecemento de traballos por proxectos coordinados pola biblioteca escolar".
Só nos resta dar a Noraboa a esta rapazada que tanto traballou durante o curso 2014-2015.

mércores, 25 de novembro de 2015

Día contra a Violencia de Xénero

Nesta ocasión, contamos cun grupo de alumnas de 2º de BAC para realizar este vídeo no Día internacional contra a Violencia de Xénero , baseado no poema de J. Bucay: "Quiero..." Grazas pola vosa colaboración!


Asemade, no seu día, Alba fixo esta interpretación do monólogo - La número 17- do escritor Jesús Campos:


mércores, 18 de novembro de 2015

Os nosos DOCUNAUTAS en Galiciencia

Como xa sabedes GALICIENCIA é unha feira científica que se celebra desde 2007 en Ourense, os días 18, 19 e 20. 
Pois ben, este ano os nosos Docunautas están ali para expoñer o proxecto interdisplinar que realizou, durante o curso pasado, o alumnado de 1º da ESO. Alí están dous dos seus compoñentes-  Carmen e Jorge- xunto co seu profesor de Tecnoloxía- Gerardo- e cóntannos que están encantados e marabillados do que alí acontece.


 Nós estamos encantadas e orgullosas do traballo feito e e animámosvos a seguir investigando. Noraboa, rapaces!

mércores, 4 de novembro de 2015

Resolución da Xincana de terror

Aquí tendes os gañadores:


 Con 23 acertos, Luis e Jacobo (2º ESO), con 21, Uxía e Abraham(3º ESO) e con 20, Tania e Silvia (2º/3º ESO). Desexamos que disgrutedes moitos dos "suculentos premios". Noraboa!

sábado, 31 de outubro de 2015

Buscade, buscade, malditos!

Como xa vos anunciabamos, o xoves celebramos a nosa XINCANA MÁIS TERRORÍFICA na procura de títulos de películas de terror. O número de participantes foi tan numeroso que moitos non puideron participar. Un éxito total¡ Grazas a todas/-os polo voso esforzo e, en breve, coñeceredes aos gañadores.

sábado, 24 de outubro de 2015

Día das bibliotecas

       Co gallo da celebración desta efeméride e como ven sendo habitual nestes últimos anos, entregamos os premios aos nosos SUPERLEÓNS. Durante o curso 2014/15 foron estas tres rapazas as mellores lectoras: Ana (2º ESO), Margarita (4º ESO) e Alba (1º ESO).


Noraboa ás tres e desexamos que continuedes así!

Asemade, aquí deixamos a relación dos dez libros  máis lidos durante o curso pasado.


xoves, 22 de outubro de 2015

Día das Bibliotecas

Desde o Observatorio da Lectura e o Libro proponnos celebrar o Día da Biblioteca con #vivalabiblio, unha campaña en Twitter que estará activa do 19 ao 25 de outubro e na que, entre todos, realizaremos unha pequena homenaxe a estas institucións tan especiais e a quen as fan posibles. A continuación explicámosche como:


martes, 6 de outubro de 2015

Club de lectura

Se ti es dos que che gusta ler que non queres que se acabe nunca o libro,



entón xa podes APUNTARTE

Pero se aínda tes dúbidas, escoita o que conta



A que esperas?

Xa estamos de volta

Durante as vacacións ocurriron moitas cousas: abandonáronnos dous escritores de renome, O. Sacks e H. Mankell, dos que atoparedes libros na biblioteca,




e tamén un dos integrantes do grupo argentino Les Luthiers, Daniel Rabinovich



Pero non todo foron malas noticias: A escritora Ledicia Costas acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil pola súa novela Escarlatina. A cociñeira defunta, que tamén atoparedes nos andeis da biblioteca.
Enhoraboa á escritora!

mércores, 1 de xullo de 2015

Boas vacacións...

...e ata a volta.

Estatísticas de remate de curso

Chega o final de curso e con el as últimas estatísticas: a  da "Hora de ler" da terceira avaliación, na que que nota a presión dos exames e a do final de curso
e a de número de préstamos realizados durante todo o curso, que foron moitos:

Só nos resta agradeceros a vosa axuda, as vosas suxestións para que este servizo mellore cada día e, por suposto, as nosas portas quedan abertas para escoitar as vosas inquedanzas. Vémonos ...

luns, 29 de xuño de 2015

Docunautas, Poxecto Interdisciplinar:

    Co final de curso chega tamén a finalización do Proxecto Interdisplinar de 1º de ESO, coordinado pola profesora Anxos Vidal. O noso proxecto anual, que se centrou nas expedicións e as persoas que as levaron a cabo, foi concibido como unha viaxe de dobre vía, un periplo a través do tempo e do espazo, onde se intenta que os propios alumnos sexan navegantes nese proceloso mar das redes de información e das fontes de coñecemento. Por iso este proxecto denomínase Docunautas. Foron unas clases intensas, con moito que descubrir, que facer, mais cremos que pagou a pena. 
     Hoxe, parte de ese traballo está exposto no vestíbulo do noso Centro:
e otro proxecto completo podedes atopalo  eiquí, premendo na imaxe:
http://docunautas.blogspot.com.es/

domingo, 21 de xuño de 2015

sábado, 16 de maio de 2015

E ti, canto sabes?

Propómosvos un xogo. O seu obxectivo é coñecer canto sabes sobre os escritores/-as que foron homenaxeados desde 1963. Se tes dúbidas, sempre podes recorrer ao mapa "letrado" que tes debaixo, que che será de gran axuda.
Xoga e divírtete!

Día das Letras Galegas

venres, 15 de maio de 2015

Un mapa moi "LETRADO"

Para conmemorar o Día das Letras galegas, que mellor que facer un percorrido visual onde atoparedes a quen se lle adicou cada ano esta efeméride?

martes, 12 de maio de 2015

Arte&Matemáticas


A piques xa de rematar o este curso, no que a Ciencia estivo tan presente, que mellor maneira, para pechalo círculo, que facelo relacionando dúas disciplinas: A ARTE e as MATEMÄTCAS. Para isto, e aproveitando que hoxe é o Día escolar das Matemáticas, toda a comunicade educativa pode visitar esta exposición.

O percorrido iníciase cos números π (pi) e Φ (fi) (chamado así por Fidias o gran escultor grego), está presente na arquitectura da antigüidade, desde Exipto e Grecia, á arquitectura preincaica, na da Idade Media, en forma de pentágono pitagórico, e na arte do Renacemento, Barroco… século XX. Realmente, a Divina Proporción, como a denominou no século XV Luca Pacioli, pódese observar en practicamente tódolas obras artísticas sexan arquitectónicas, escultóricas ou pictóricas da historia da Arte. Podémola ver tamén no deseño de logotipos e mesmo nas tarxetas de crédito ou no DNI.
Relacionado co número áureo está a sucesión de Fibonacci. Esta foi descuberta por Leonardo de Pisa no século XIII e forma parte de practicamente en tódalas cousas do universo, aparece na natureza , na arte, no deseño, …, en moitas ocasións en forma de espiral.
A xeometría na arte podemos observala nas teselacións ou mosaicos, tanto islámicos como os de M.C. Escher. Este, gran admirador da decoración islámica, decide realizar as súas propias teselacións e mundos imaxinarios a partir delas.
Outro aspecto fundamental na arte é o que os gregos denominaban rhythmós, é dicir, a proporción e o canon. Para ilustralo podemos observar O Doríforo de Polícleto (século V a.C.) e o Modulor de Le Corbusier (que toma como base o número áureo!).
Finalmente, na exposición pódese observar cómo as curvas, as rectas, conforman toda creación artística, en calquera tempo e lugar, así como unhas imaxes con citas de célebres matemáticos/-as, realizadas polo alumnado de 1º A BAC.
Aquí deixámosvos unha pequena mostra do que se pode ver. Que a disfrutedes|

sábado, 9 de maio de 2015

Día mundial do Comercio xusto

Hoxe é o Día Mundial do Comercio Xusto. E este ano a ONG decidiron dedicalo a explicarnos o lado máis escuro do sector téxtil. Dese ninguén escapa. Todos nos vestimos, pero podemos facelo con máis conciencia. Baixo a lema "Tira do fío", a Coordinadora Estatal de Comercio Xusto (CECJ), explica que o traballo neste sector caracterízase pola "feminización" e precarización.

Para reflexionar como consumidores/-as que somos:



sábado, 25 de abril de 2015

Das palabras ao libro

Un tendal de palabras, palabras que están en todas partes: nos anuncios, nas nosas conversacións, nas pintadas, nos nosos desexos ou soños, no xornal, nos menús, nas cancións, nas nosas emocións. Palabras , formas, cores que o alumnado nos regalou para ir colgando neste tendal.



Letras, sílabas que forman palabras que alguén escribiu e inmortalizó sobre as follas que branco que conforman cada libro para compartilas



E dese acto tan íntimo que é a lectura, esa conversación entre o autor e o lector, xorde O libro das nosas vidas, que ano tras ano vai ocupando un lugar neste inmenso andel que ocupa un lenzo de parede e na que, mediante palabras, cada membro que se incorpora a esta comunidade educativa , cóntanos por que ese libro foi importante na súa vida.



Porque tamén...

mércores, 15 de abril de 2015

"Booktráilers" divulgativos I

Tomando como referente e punto de partida estas palabras de H. Ecco en "Algunas razones para leer" (2000): "forman parte de mi vida peripecias no novelescas, historias de dinosaurios, la manera en que Madame Curie descubrió el radio, algunas preguntas milenarias sobre el mundo, la vida y la muerte", neste mes do libro, por que non promocionar entre o alumnado este xénero de libros de divulgación que están nos andeis de moitas bibliotecas e aos que a rapazada parece non querer achegarse?

Principiamos, pois, a publicación de "booktráilers" feitos por eles co fin de visibilizar estes libros cuxa intencionalidade é ensinar, explicar a ciencia, as ciencias dun xeito ameno e moi próximo a eles.








xoves, 2 de abril de 2015

sábado, 21 de marzo de 2015

P03514 M4T3M4T1CA M3NT3 V15U4L & POEMARTE

"En muchas familias nadie escribe poemas,
pero si uno de sus miembros empieza, suele sembrar el
contagio."

Hoxe celébrase o Día da Poesía e tomando como punto de partida estes versos de Wisława Szymborska , quixemos achegarlle ao alumnado que a poesía non é un problema que haxa que resolver, nin unha incógnita que haxa que despexar. A poesía é
"Vivir,
eso invisible que les sucede a otros"
(J. Cobo Wilkins)

E, neste caso, o que lles acontece a eles.

Porque a poesía está en todas partes:

nas matemáticas, o alumnado de 1º BAC A deixounos estas propostas:


ou na pintura: cada grupo-clase do Centro elixiu un cadro que lle serviu de inspiración para compoñer estes poemas colectivos.


Só nos resta darlles as grazas pola súa colaboración a todo o alumnado e ao profesorado que colaborou con nós.

martes, 3 de marzo de 2015

Mulleres tras as liñas

Até o século XX, a muller europea pertenceu, en estrito sentido, ao home da familia: ao pai cando era virxe e ao marido, cando casaba, e aos seus fillos, cando enviuvaba. Ademais, desde o punto de vista legal, non podía comprar nin vender as súas pertenzas, viaxar, estudar, subsistir..., sen o permiso dos homes. Desafiar todo isto, supuña perdelo todo.
Pero houbo mulleres que se arriscaron, que perderon o medo, que dixeron NON, porque querían recuperar a súa esencia, a súa liberdade. Para iso, moitas se vestiron de homes, outras usaron pseudónimos, para realizar ese desexo obsesivo: deixar de estar illadas, marxinadas; en definitiva, poder ser elas mesmas.


O noso proxecto comenza con dous referentes culturais: o primeiro máis coñecido polo noso alumnado a través do cine, Hua Mulan, unha muller que disfrazada de guerreiro uníuse ao exército chino e cuxa lenda está recollida no poema Balada de Mulan. O outro referente, máis coñecido por as que temos xa unha certa idade, fai referencia a nosa nenez e aos xogos coa comba, "La doncella guerrera": quen non recorda isto?

"A un capitán sevillano la desgracia le dio Dios / de siete hijas que tuvo que ninguna fue varón / un día la más pequeña le pidió la bendición / padre me voy a la guerra vestidita de varón / hija mía no te vayas que te van a conocer / tienes el pelito largo y la cara de mujer / padre si lo tengo largo padre me lo cortaré / y después de bien cortado un varón pareceré / siete años peleando y nadie la conoció / sólo la hija del rey que de ella se enamoró."

Aquí tedes unha escolma de mulleres que se disfrazaron de homes:


e outra de mulleres que optaron usar un pseudónimo masculino:



sábado, 14 de febreiro de 2015

Os quebracabezas do AMOR

Para celebrar o Día dos namorados, propuxémoslle ao alumnado a reconstrución de dous quebracabezas con dous poemas de fondo: un de C.E. Ferreiro e outro de P. Neruda. Porque, en definitiva, que é o amor se non a procura desa peza que encaixe contigo, aínda que ás veces empeñémonos en emsamblar pezas que non se axustan?




E para rematar, que vos parece un corto animado con moito amor?

venres, 30 de xaneiro de 2015

Día da PAZ

Esta xornada celébrase desde 1964 e está recoñecida pola ONU desde 1993. Nesa data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi líder nacional e espiritual da India, asasinado a tiros en 1948 por un integrista hindú.


Vía: http://cdn.zenpencils.com

mércores, 21 de xaneiro de 2015

Matemáticas e música

Estamos a traballar a influencia das Matemáticas en todas as súas manifestacións artísticas. E como non podía ser menos, a música non se escapa aos seus encantos.
Dina, alumna de 2º da ESO, explícanos esta interacción entre as Matemáticas e a Música.

luns, 19 de xaneiro de 2015

Hora de ler

Aquí estamos por segundo ano fomentando o gusto pola lectura. Unha lectura durante 15 minutos na aula, do libro que eles libremente elixen, e que entre todos fomentamos.