sábado, 18 de maio de 2013

Mes do libro

Para o mes do libro, desde a biblioteca propúxoselle a toda a Comunidade educativa  que colaborase na realización dunha libraría, cuxos libros serían aqueles que dalgunha maneira lembrasen como importantes na súa vida.  
Cada un/-a achegou a cuberta  dese volume especial e escribiu o motivo da súa elección.
Aos poucos, o enorme andel vai enchéndose das vosas suxestións, - que difícil   resulta en ocasións elixir- conformando a denominada biblioteca do Libro da nosa vida. 
Moitas grazas polas vosas achegas¡

Letras Galegas 2013

 

Co gallo do Día das Letras Galegas, o alumnado de 4ºB da ESO fixo unha adaptación da obra "Rastros" de Vidal Bolaño e representárona no recreo diante dos seus compañeiros.

Sara, Alba y Leslie nun momento da representación

Homenaxe ao libro

Xa se coñecen os gañadores do noso concurso de Homenaxe ao libro. Aquí tédelos:

Manuel y Marta, de 3º. Omar y Silvia, de 4º
Así mesmo, o gañador do noso consurso para a elaboración das iconas de sinalización da nosa biblioteca:

Daniel, de 4º
Moitas grazas a todos os participantes e parabéns aos premiados¡