luns, 11 de marzo de 2013

Toma nota¡ Día da muller

Aproveitando o aniversario da publicación da obra Cantares Galegos de Rosalía de Castro, dende a Biblioteca do Xoán Montes xurdiu a idea de recordar a esta muller, figura clave da historia da nosa terra, a través do poema Negra Sombra, musicado polo compositor que dá nome ao noso Centro. Que mellor que utilizar unha partitura, tan identificada co noso sentir, para ilustrar o papel das mulleres, sempre na sombra, a través dunha serie de biografías de destacadas protagonistas en tódolos ámbitos, épocas e lugares: dende Safo de Lesbos ata Malala, nun percorrido que pretende atraer a atención do alumnado e sacar á luz a contribución das mulleres á historia da humanidade.


 





E agora, dime a cantas mulleres realmente coñeces? Pincha na nota musical e accederás a un xogo.

domingo, 10 de marzo de 2013

CaligrAMAR

É o resultado de converter en caligramas poemas de amor.
Estas foron algunhas das propostas coas que o alumnado celebrou o Día de San Valentín.

  • E os de 3º, sobre o poema de Jaime Siles, Himno a Venus. Para acceder, pincha na imaxe:


Despois fixemos unha exposción con algúns deles:



O Entroido na arte

Este ano, a Biblioteca veu sumarse á festividade do Entroido, ofrecendo ao alumnado do Centro unha outra visión desta secular e universal celebración. Así, xurdiu O ARTROIDO a modo de pincelada pictórica ao longo dos diferentes séculos, estilos, países e autores que trataron o tema. Deste xeito, e durante o mes de febreiro, puidéronse admirar obras de artistas (Brueghel, Picasso, Miró, Watteau, Laxeiro...), recreacións plásticas de célebres pasaxes literarias (Batalla de don Carnal), máscaras expresionistas, Carnaval de Venecia..... coa intención de abrir, encher e universalizar, a través da arte, a perspectiva do Entroido. Aquí deixámosvos unha pequena mostra do que puidemos ver: